lunes, 11 de mayo de 2020

Tarefas, martes, 12 de maio e UN EXPLORADOR ESTÁ DE ANIVERSARIO

Bo día exploradores e exploradoras! tal e como nos dixo Bruno o día da videoconferencia, o 12 de maio é un día especial, pois é o seu aniversario, cumpre 10 anos!!!! Todos os teus compañeiros e compañeiras e os teus profes desexámosche un día moi feliz. Moitos parabéns. Que vos parece se lle escribides a Bruno un comentario nesta entrada do blog felicitándoo? seguro que lle fará moita ilusión. Pois veña, a escribir que seguro vai ler os comentarios.



Ademais de felicitar ao noso compañeiro, déixovos as tarefas para hoxe. Moito ánimo!!
  • 20 minutos de lectura aproximadamente.
  • Lingua galega. (Traballamos sobre Ricardo Carvalho Calero e recordade tamén a tarefa sobre o día das Letras Galegas para enviarme como moi tarde o xoves).
  • Lengua castellana.
  • Música (recordade enviarlle as tarefas de música directamente á profe. Esta tarefa será para dúas semanas, polo que a vindeira non haberá tarefa nova).

5 comentarios:

  1. Felicidades Bruno!Que teñas moi bo día.Son Denis.

    ResponderEliminar
  2. Moitos parabéns Bruno e aínda que con retraso felicito tamén a Javi e Brian. Son David 🎂

    ResponderEliminar