viernes, 19 de junio de 2020

FOTOS, VÍDEOS E... QUE TEÑADES UN VERÁN ESPLÉNDIDO

Como xa vos dixen na videoconferencia de hoxe, agardo que desfrutedes moito do verán e aquí van as tarefas para estas vacacións:
  • Lede todo o que poidades, mergulládevos nos fantásticos mundos dos escritores e escritoras, é a forma más marabillosa de viaxar e aprender a interpretar a mundo que nos rodea.
  • Desfrutade da natureza. Unha boa forma é facendo rutas polas fantásticas paisaxes que nos regala Galicia e durante os vosos paseos, pechade os ollos de cando en vez, collede aire profundamente e deixádevos embriagar pola brisa, seguro que vos relaxa moito.
  • Xogade todo o que poidades, pero fundamentalmente ao aire libre. Correde, saltade, deitádevos na herba, percorrede camiños coa bicicleta, construíde cabanas, contemplade o ceo de noite...
  • Axudade nas tarefas da casa, como sabedes, o traballo en equipo resulta moito máis enriquecedor e todos saimos gañando.
  • Abrazade ás vosas familias todo o que poidades e compartide tempo xuntos (xogando, falando, rindo, paseando, vendo películas, lendo...).
  • Facede algún doce ou prato especial en familia.
  • Coidade aos vosos amigos e amigas, axudádelles cando o precisen e compartide tempo xuntos.
  • Dade as gracias, pedide perdón, dicídelle “quérote” ás vosas familias e pedide as cousas “por favor”.
  • Desfrutade moito, moito do verán e sede felices.
Tras esta lista de "deberes" déixovos os carteis que fostes facendo e algunhas fotos vosas. Tamén vos deixo un vídeo feito pola profe Patri no que saides os nenos e nenas do cole bailando e outro vídeo de final do proxecto da auga. Grazas por todo chicos e chicas, sodes un grupo marabilloso!!!!!












VÍDEO DA PROFE PATRI:



VÍDEO FINAL DO PROXECTO: SOMOS AUGA.



jueves, 18 de junio de 2020

ÚLTIMO DÍA DO CURSO

Bo día exploradores e exploradoras!!! despois de varios meses traballando desde a distancia chegamos ao último día de cole. Teño que dicir que fostes un grupo espléndido co que aprendín un montón de cousas, porque os mestres tamén aprendemos de vós. Tamén quero felicitarvos polo voso esforzo, interese e capacidade para adaptarvos a esta forma de traballo dun día para outro. Sen dúbida sodes uns auténticos campións. Igualmente, desde aquí tamén quero agradecer a labor das vosas familias cuxa implicación foi fundamental para lograr que este sistema de traballo funcionara. Ao final foi un traballo en equipo.

Dito isto, e tal e como vos indiquei polo correo electrónico, hoxe faremos a última videoconferencia de despedida do curso. Serás ás 17:00 horas e será a tarefa para hoxe. Para acceder a ela pinchade no seguinte LINK. Vémonos nun ratiño!!!!


miércoles, 17 de junio de 2020

Tarefa, xoves, 18 de xuño

Bo día exploradores e exploradoras!! Estamos a dous días para rematar o curso. A proposta que teño para hoxe é moi sinxela. Gustaríame que fixerades un cartel de despedida no que escribades algunha frase, fagades algún debuxo, contedes algunha anécdota... o que se vos ocorra, para despedir o curso. Despois facédelle unha foto na que tamén saiades vós nel. Gustaríame telos de recordo Que vos parece?

martes, 16 de junio de 2020

Tarefa para o mércores, 17 de xuño

Bo día exploradores e exploradoras! como xa non queda case nada para rematar o curso, propóñovos que hoxe fagades unha pequena reflexión sobre este curso escolar. Gustaríame que escibirades nun papel unha redacción contándome que foi o que máis vos gustou, o que menos e tamén quero que me contedes que plans tedes para este verán (se ides de vacacións, a onde...) e se aínda non tedes plans, contádeme que vos gustaría facer. Podedes facela en castelán ou en galego.

Unha aperta!!!

lunes, 15 de junio de 2020

Tarefas, martes, 16 de xuño e PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS

ÚLTIMOS DÍAS!!!! Xa non queda nada exploradores e exploradoras!!! estamos a punto de rematar o curso e de que empecedes as vosas máis que merecidas vacacións. Indicarvos, ademais, que hoxe estarán as cualificacións finais do curso. As vosas familias deben acceder a AbalarMóbil para poder velas. Estou moi contento co voso rendemento e o voso traballo. Dito isto, déixovos as propostas de tarefas para hoxe que son moi sinxeliñas e breves. 


jueves, 11 de junio de 2020

Tarefas, venres, 12 de xuño

Bo día exploradores e exploradoras! último día de traballo da semana e, ademais, o luns é festivo local polo que non haberá tarefas. Xa non queda nada. Ánimo. As propostas de tarefas para hoxe son as seguintes:
  • 20 minutos de lectura aproximadamente.
  • Lengua castellana.
  • Educación física (seguimos coas propostas da profe Paula subidas o mércores).
  • Plástica (imos traballar papiroflexia e origami. Sabedes o que é? accedede ao seguinte LINK onde se vos explica de forma sinxela. Tamén tedes varios exemplos e propostas para facer. Quero que escollades un dos exemplos que aparece na páxina e o fagades. Hai varios niveles de dificultade, a ver con cal vos atrevedes).

miércoles, 10 de junio de 2020

Tarefas, xoves, 11 de xuño

Bo día exploradores e exploradoras! acercámonos ao final da semana e xa non queda nada para rematar. Recordade que o vindeiro 17 de xuño alguén das vosas familias ten que ir ao cole recoller o voso material e tamén levar os libros de texto, os libros da biblioteca, as mochilas viaxeiras e, aqueles que as teñades, as tablets prestadas. Non vos esquezades de devolver todos os libros. Tamén deben traer o formulario de solicitude de axudas para libros e material escolar. É fundamental a devolución dos libros deste curso para solicitar a axuda. Enviarei por AbalarMóbil un aviso ás vosas familias para recordalo. Dito isto, déixovos as tarefas para hoxe, son moi breves e sinxelas. Ánimo.

martes, 9 de junio de 2020

Tarefas, mércores, 10 de xuño

Bo día exploradores e exploradoras! un novo día comeza. Como ides de enerxía? Veña, que xa non queda nada e estádelo facendo moi ben. As tarefas para hoxe son moi breves:
  • 20 minutos de lectura aproximadamente.
  • Ciencias naturais (un novo "Kahoot" de repaso. Recordade empregrar os vosos nomes en clave e facelo con calma. Non tedes límite de tempo).
  • Educación física (novas propostas da profe Paula. Son para esta semana e a próxima que, como sabedes, é a última).

lunes, 8 de junio de 2020

Tarefas, martes, 9 de xuño

Bo día exploradores e exploradoras! outro día máis e outro día que queda menos para chegar ás vacacións. Recordade rematar a tarefa do proxecto da auga. As propostas de tarefas para hoxe son as seguintes:
  • 20 minutos de lectura aproximadamente.
  • Lengua castellana.
  • Matemáticas (un novo Kahoot de repaso. Recordade empregar o voso nome en clave e facelo con calma, pois non tedes límite de tempo).
  • Música

domingo, 7 de junio de 2020

Tarefas, luns, 8 de xuño

Bo día exploradores e exploradoras!! comezamos a penúltima semana do curso. Agora si que si, non queda nada. É o último esforzo. Moito ánimo que o verán xa está á volta da esquina.
As tarefas para hoxe son as seguintes:
  • 20 minutos de lectura aproximadamente.
  • Matemáticas.
  • Lingua galega. (Faremos un Kahoot de repaso. Como sempre, empregade o voso nome en clave e non vos apuredes, pensade con calma, pois non tedes límite de tempo nas preguntas).
  • Inglés (faredes as propostas que vos envíe o teacher Rafa).
  • Programa REFÓRZA-T (Unicamente para aquel alumnado que participa neste programa).