viernes, 19 de junio de 2020

FOTOS, VÍDEOS E... QUE TEÑADES UN VERÁN ESPLÉNDIDO

Como xa vos dixen na videoconferencia de hoxe, agardo que desfrutedes moito do verán e aquí van as tarefas para estas vacacións:
  • Lede todo o que poidades, mergulládevos nos fantásticos mundos dos escritores e escritoras, é a forma más marabillosa de viaxar e aprender a interpretar a mundo que nos rodea.
  • Desfrutade da natureza. Unha boa forma é facendo rutas polas fantásticas paisaxes que nos regala Galicia e durante os vosos paseos, pechade os ollos de cando en vez, collede aire profundamente e deixádevos embriagar pola brisa, seguro que vos relaxa moito.
  • Xogade todo o que poidades, pero fundamentalmente ao aire libre. Correde, saltade, deitádevos na herba, percorrede camiños coa bicicleta, construíde cabanas, contemplade o ceo de noite...
  • Axudade nas tarefas da casa, como sabedes, o traballo en equipo resulta moito máis enriquecedor e todos saimos gañando.
  • Abrazade ás vosas familias todo o que poidades e compartide tempo xuntos (xogando, falando, rindo, paseando, vendo películas, lendo...).
  • Facede algún doce ou prato especial en familia.
  • Coidade aos vosos amigos e amigas, axudádelles cando o precisen e compartide tempo xuntos.
  • Dade as gracias, pedide perdón, dicídelle “quérote” ás vosas familias e pedide as cousas “por favor”.
  • Desfrutade moito, moito do verán e sede felices.
Tras esta lista de "deberes" déixovos os carteis que fostes facendo e algunhas fotos vosas. Tamén vos deixo un vídeo feito pola profe Patri no que saides os nenos e nenas do cole bailando e outro vídeo de final do proxecto da auga. Grazas por todo chicos e chicas, sodes un grupo marabilloso!!!!!












VÍDEO DA PROFE PATRI:



VÍDEO FINAL DO PROXECTO: SOMOS AUGA.



No hay comentarios:

Publicar un comentario