Bo día familias e alumnado. Seguindo as directrices da inspección educativa, e dadas as circunstancias tan excepcionais que estamos a vivir, o profesorado levamos a cabo unha adaptación das programacións didácticas coa meta de responder á nova realidade. Ditas programacións están colgadas desde hoxe na páxina web do centro, e no relativo ás de 4º de EP tamén están colgadas nesta entrada do blog. Recoméndovos que lles botedes un ollo. Entre outros aspectos de interese, amósanse os estándares de aprendizaxes que o profesorado das distintas áreas consideramos imprescindibles e como tal, sobre os que imos traballar este trimestre, así como o proceso de avaliación e o sistema de cualificación que seguiremos. Ante calquera dúbida que vos poida xurdir sobre as programacións, por favor, rogo mo fagades saber para aclaralo á maior brevidade posible. Moito ánimo é moita saúde!!
Un saúdo amigable!
Acceso: ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DE 4º EP
No hay comentarios:
Publicar un comentario