Boa tarde exploradores e exploradoras! Estades preparados para un novo Kahoot? Pois preparádevos, facede equipo coas vosas familias e a xogar á vez que aprendedes. Neste caso recordaremos o tema das plantas de ciencias naturais. Recordade escribir no entrada do blog contando que tal vos foi, se xogastes coas vosas familias, se vos gustou... Ánimooooo!
Acceso ao Kahoot: As plantas
Profe esta vez non me foi moi ben. Tres das preguntas que fallei foron porque en verdadeiro ou falso cambiaches o sitio do verdadeiro ou falso. A próxima vez haber se me sae mellor. Un saúdo.
ResponderEliminar...
A nai di que...
A miña puntuación nesta ocasión quizáis no se axusta a realidade, pois gañei!!! :),pero digamos que... con certas vantaxes. Tendo en conta que, como fun a segunda en xogar, xa escoitara dicir a Denis que: -o profe cambiou as posicións!!! e algúns comentarios extras que me deron algunhas pistas. Que gracia!":D
Comentar que a Denis quedoulle a última sen responder, non sabemos por qué, nin cómo. Deuse conta na miña ronda.
Boa tarde/noite.
Boas Denis, non entendo eso de que cambie o sitio de "verdadeiro" ou "falso". Bueno, fai xa varios meses que traballamos ese tema,é normal ter algún despiste, o importante á aprender e recordar as ideas clave. Agora ao facer o Kahoot seguro que xa refrescaches o tema.
EliminarEn relación á última pregunta que lle quedou a Denis sen responder, non sei cal sería o problema a verdade, revisei o Kahoot e, en principio, está todo correcto. Por certo, noraboa pola victoria : )
Ola Rubén. A opción de verdadeiro antes estaba na esquerda e o falso na dereita. Neste último Kahoot é xusto o contrario. Denis ía de xeito automático xa a premer a opción, para gañar o maior número de puntos, según o tempo, e isto levouno a cometer erros e preguntarse por qué a resposta non era correcta.(Incluso algunha vez colleu o libro para comprobar). Foi no terceiro intento de verdadeiro/falso cando caeu na conta de que as posicións das opcións non eran coma sempre. :D
ResponderEliminarAhh, vale, agora o entendo. Non me percatara de que cambiara a posición. De todos os xeitos o importante é recordar ideas clave. No próximo kahoot que teña en conta esta cuestión e seguro que lle vai mellor. Pero, repito, o importante é recordar aqueles aprendizaxes que traballamos xogando. Unha aperta
ResponderEliminar