miércoles, 15 de abril de 2020

Un novo Kahoot!!!

Boa tarde exploradores e exploradoras! Estades preparados para un novo Kahoot? Pois preparádevos, facede equipo coas vosas familias e a xogar á vez que aprendedes. Neste caso recordaremos o tema das plantas de ciencias naturais. Recordade escribir no entrada do blog contando que tal vos foi, se xogastes coas vosas familias, se vos gustou... Ánimooooo!

Acceso ao Kahoot: As plantas


4 comentarios:

  1. Profe esta vez non me foi moi ben. Tres das preguntas que fallei foron porque en verdadeiro ou falso cambiaches o sitio do verdadeiro ou falso. A próxima vez haber se me sae mellor. Un saúdo.

    ...

    A nai di que...

    A miña puntuación nesta ocasión quizáis no se axusta a realidade, pois gañei!!! :),pero digamos que... con certas vantaxes. Tendo en conta que, como fun a segunda en xogar, xa escoitara dicir a Denis que: -o profe cambiou as posicións!!! e algúns comentarios extras que me deron algunhas pistas. Que gracia!":D

    Comentar que a Denis quedoulle a última sen responder, non sabemos por qué, nin cómo. Deuse conta na miña ronda.

    Boa tarde/noite.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Boas Denis, non entendo eso de que cambie o sitio de "verdadeiro" ou "falso". Bueno, fai xa varios meses que traballamos ese tema,é normal ter algún despiste, o importante á aprender e recordar as ideas clave. Agora ao facer o Kahoot seguro que xa refrescaches o tema.

      En relación á última pregunta que lle quedou a Denis sen responder, non sei cal sería o problema a verdade, revisei o Kahoot e, en principio, está todo correcto. Por certo, noraboa pola victoria : )

      Eliminar
  2. Ola Rubén. A opción de verdadeiro antes estaba na esquerda e o falso na dereita. Neste último Kahoot é xusto o contrario. Denis ía de xeito automático xa a premer a opción, para gañar o maior número de puntos, según o tempo, e isto levouno a cometer erros e preguntarse por qué a resposta non era correcta.(Incluso algunha vez colleu o libro para comprobar). Foi no terceiro intento de verdadeiro/falso cando caeu na conta de que as posicións das opcións non eran coma sempre. :D

    ResponderEliminar
  3. Ahh, vale, agora o entendo. Non me percatara de que cambiara a posición. De todos os xeitos o importante é recordar ideas clave. No próximo kahoot que teña en conta esta cuestión e seguro que lle vai mellor. Pero, repito, o importante é recordar aqueles aprendizaxes que traballamos xogando. Unha aperta

    ResponderEliminar