Aínda que como
vos acabo de dicir é unha semana para descansar si que vos vou pedir que non
abandonedes algo que facemos todos os días: a lectura. Ler non só nos axuda a
aprender a interpretar o noso mundo senón que tamén nos axuda e ser mellores
persoas, pois as ensinanzas que nos ofrece a lectura van moito máis alá do
académico e intelectual. Neste sentido, vouvos propoñer para estas vacacións a
lectura dun libro en galego que actualmente está dispoñible o seu acceso por
internet dadas as circunstancias que estamos a vivir. Creo que o seu título
ademais supón un empuxe de ánimo, chámase “Boa sorte” e a súa autora é María
Solar. Trátase dunha lectura moi amena e sinxela cuxo resumo é o seguinte:
Boa Sorte
tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo neste mundo foi nacer, e xa non lle
saíu ben, porque Boa Sorte naceu de cu". Desde entón estar ao seu carón
resultaba perigoso porque calquera cousa podía pasar. Todo foron desfeitas até
que un día atopou unha explicación a tanta mala sorte... Pero mellor que a
coñezas ti, lendo a súa historia.
Tras a lectura do
libro, gustaríame que, dentro das vosas posibilidades, vos gravásedes facendo
un pequeno vídeo (por exemplo, co móbil) no que contedes que vos pareceu o
libro, se vos gustou, se o recomendariades ou non e o motivo... Podede contar o
que queirades. Estes vídeos subireinos ao blog para compartir co resto do cole
as vosas opinións sobre esta historia. Que vos parece? É unha proposta
voluntaria, pero gustaríame que vos animásedes.
Déixovos o link
para que poidades descargar o libro. Moito ánimo e a desfrutar destes días
libres dentro das posibilidades que as circunstancias nos permiten. Unha aperta
grande a todos e a todas!! Ah, e por suposto, aínda que sexan vacacións
seguirei ao voso dispor para o que precisedes. : )
Acceso ao libro: "Boa sorte"
No hay comentarios:
Publicar un comentario