lunes, 13 de abril de 2020

ARRINCA O TERCEIRO TRIMESTRE


Bo día exploradores e exploradoras de 4º. Que tal estes días de vacacións? Agardo que ben, a pesar das circunstancias. Xa me foron chegando varios vídeos dalgúns de vós sobre o libro “Boa sorte”. Agardarei un pouquiño máis para subilos ao blog, a ver se chega algún outro vídeo e os que faltades vos ides animando. Igualmente subirei os vosos cadros de Van Gogh que están xenial, tamén agardarei un pouquiño a ver se me chega algún máis.
Dito isto, comezamos de novo e seguimos repasando sobre aquelo que estivemos traballando durante estes meses. Ireivos informando de calquera novidade, sobre se imos adiantar contidos, de que forma, etc. Estamos agardando instrucións da Consellería de Educación en relación a como actuar. Pero, como vos dixen, de momento seguimos reforzando e consolidando aquelas cousas xa traballadas na clase. Moito ánimo e xa sabedes que calquera cousas que precisedes unicamente tedes que escribirme.

No hay comentarios:

Publicar un comentario