jueves, 21 de mayo de 2020

Tarefas, venres, 22 de maio

Bo día exploradores e exploradoras! Antes de nada desculparme polos problemas técnicos que tivemos ata que logramos que funcionara o Kahoot, pero como vedes todos aprendemos. Na vindeira videoconferencia irá máis rápido. Grazas pola oportunidade para compartir un tempo todos xuntos. Agardo que fora do voso agrado.
Dito isto, déixovos as tarefas para hoxe. Moito ánimo!
  • 20 minutos de lectura aproximadamente.
  • Ciencias sociais (un Kahoot para repasar sobre o clima e o tempo atmosférico. As preguntas non teñen tempo, razoádeas ben).
  • Matemáticas
  • Educación física. (seguimos co documento desta semana). 
  • Plástica (tedes que facer unha manualidade, a que queirades, o único requisito é que debedes empregar meterial de refugallo como tubos de papel hixiénico, pinzas da roupa, papel, cartón, caixas, botellas... o que queirades. Deixade voar a vosa imaxinación, sorprendédeme. A ver que obras de arte facedes, dádelle voltas ao coco. Podedes buscar ideas por internet para inspirarvos. Déixovos algunhas páxinas webs onde podedes consultar ideas. Non esquezades facerlle foto ao que creedes).
  • Página web 1
  • Página web 2
  • Página web 3
  • Página web 4
  • Página web 5
  • Página web 6

No hay comentarios:

Publicar un comentario