domingo, 17 de mayo de 2020

Tarefas, luns, 18 de maio e vídeo das Letras Galegas

Bo día exploradores e exploradoras!! Que tal a fin de semana? Agardo que ben. En primeiro lugar quero felicitarvos polos vosos traballos para a celebración do Día das Letras Galegas, sodes uns artistas. Os meus parabéns. Neste sentido, xa podedes ver o vídeo que montou a profe Ángela como coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega con todos os traballos dos nenos e nenas do cole. Veredes que chulada!!


Por outra banda, tamén vos aviso de que esta semana faremos unha nova videoconferencia. Será o xoves ás 17:00 horas. Nesta ocasión, ademais de compartir aquelo que vos apeteza trataremos de facer un Kahoot todos xuntos para pasalo ben, parécevos ben? Recordade tamén que si queredes podedes enviarme por enderezo electrónico aquelas dúbidas que teñades sobre calquera área para resolvelas na videoconferencia.
Dito todo isto, déixovos as tarefas para hoxe. Moito ánimo!!!!

  • 20 minutos de lectura aproximadamente.
  • Lingua galega.
  • Lengua castellana (imos facer un "pasapalabra" online. Facédeo con calma e lede detidamente as instrucións. Cando o rematedes debedes facerlle unha foto e enviarma. IMPORTANTE: Cando entredes no "pasapalabra" vaivos aparecer un anuncio. Debaixo del está a opción de "comezar". Fixádevos na imaxe de abaixo que unha captura de pantalla co que vos vai aparecer e vos explico como facer. Pinchade na imaxe para velo ben).
  • Inglés (realizaredes as tarefas do teacher Rafa propostas para esta semana).
  • Ciencias naturais (tal e como falamos a semana pasada, iremos facendo diferentes "Kahoots" para repasar conceptos clave. As preguntas do Kahoot non teñen límite de tempo polo que podedes pensalas e razoalas sen presas. É importante que cada un se identifique á hora de poñer o nick para que eu saiba os vosos avances. Neste sentido, e para evitar comparacións persoais, enviareivos ao voso enderezo electrónico un "nome en clave" que será o que debedes poñer como nick. Desta forma veredes o voso posto no ránking pero ninguén máis que vós (aparte de min) saberedes quen sodes. Repito, tedes que poñer o nome en clave que vos indico no enderezo electrónico. No caso do Kahoot non fai falta que me enviedes foto, pois eu poderei acceder aos vosos resultados).
  • Programa REFÓRZA-T (unicamente para aquel alumnado que participe no programa).

No hay comentarios:

Publicar un comentario