lunes, 20 de abril de 2020
Conmemoramos o Día do Libro.
Boa tarde exploradores e exploradoras! esta semana celébrase o Día do Libro (concretamente o 23 de abril, xoves) e por tal motivo desde o cole estamos a promover unha iniciativa para celebralo. En que consiste? Debedes escoller un libro que teñades na casa, ou mesmo algún do álbum que achegamos (pinchade no enlace), e recreade a súa cuberta con todo o que se vos ocorra, tratando de representala da forma máis fiel posible á orixinal. Sacade a relucir toda a vosa imaxinación e creatividade e empregade calquera material que teñades a man: disfraces, maquillaxe, material de refugallo, complementos, etc. Debedes facer dúas fotos, unha da portada do libro que recreades e outra coa vosa recreación. Por favor, é importante que me enviedes a vosa proposta canto antes, preferiblemente ao longo do martes, 21 de abril. Necesitamos pronto as vosas recreacións para poder xuntalas coas do resto dos compañeiros e compañeiras do cole e facer unha montaxe moi chula. No blog da biblioteca do centro tedes tamén explicada esta tarefa. Deixovos varios exemplos realizados pola profe Noa. Moito ánimo e a traballar esa imaxinación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario