A finalidade destas tarefas é que tratemos de aproveitar estas dúas semanas para repasar e consolidar diferentes contidos traballados e así non perder o ritmo académico. De todos os xeitos, se algún día estades moi cansos podedes redistribuir as tarefas pendentes para rematalas noutro momento.
O funcionamento para descargalas é moi sinxelo, unicamente tedes que pinchar nos diferentes links que aparecen abaixo e que, como vedes, xa teñen por título as distintas áreas. Podedes ir enviándome as tarefas que vaiades facendo ao correo electrónico do blog: rubenmg.24.12.88@gmail.com. ou se o preferides ou non vos resulta posible, podedes entregarmas cando volvamos a clase.
É importante tamén que durante estes días non perdades o hábito de ler. É suficiente con 20 minutos diarios, tal e como facemos no colexio. Para calquera dúbida ou dificultade podedes escribirme ao correo anteriormente sinalado. Ánimo!! Vémonos pronto.
LUNS, 16 DE MARZO
- 20 minutos de lectura
- Lingua galega
- Matemáticas
- Lingua castelá
- Inglés (neste link tedes todas as tarefas para estas dúas semanas. No documento explícase como deben distribuirse por días).
- Ciencias naturais
MARTES, 17 DE MARZO
- 20 minutos de lectura
- Lingua galega
- Matemáticas
- Lingua castelá
- Inglés
- Música
MÉRCORES, 18 DE MARZO
- 20 minutos de lectura
- Matemáticas
- Ciencias naturais
- Lingua galega
- Ciencias Sociais
Os días 19 (xoves) e 20 (venres) non habería clase debido á celebración do día do pai e o cole faría ponte. Estes dous días e a fin de semana debedes aproveitala para ir estudando o que levamos explicado en "ciencias naturais" (páxinas: 66, 67, 68 e 69) e en "ciencias sociais" (páxinas: 56, 57, 58, 59, 60 e 61), pois como sabedes á volta terminaremos os temas e non tardaremos en facer as probas escritas.
LUNS, 23 DE MARZO
- 20 minutos de lectura.
- Lingua galega
- Matemáticas
- Lingua castelá
- Inglés
- Ciencias naturais
MARTES, 24 DE MARZO
- 20 minutos de lectura.
- Lingua galega
- Matemáticas
- Lingua castelá
- Inglés
- Música
MÉRCORES, 25 DE MARZO
- 20 minutos de lectura.
- Matemáticas
- Ciencias naturais
- Lingua galega
- Ciencias sociais
- Educación física
XOVES, 26 DE MARZO
- 20 minutos de lectura.
- Lingua castelá
- Matemáticas
- Lingua galega
- Inglés
- Relixión (A profe deixou tamén unha serie de Links para aprender e pasalo ben ao mesmo tempo) Actividades interactivas.
VENRES, 27 DE MARZO
- 20 minutos de lectura.
- Ciencias sociais
- Matemáticas
- Lingua castelá
- Educación física (tarefas no link do día 25 de marzo)
- Plástica
No hay comentarios:
Publicar un comentario