sábado, 28 de marzo de 2020

Aprender xogando!

Que tal estades exploradores e exploradoras? Agardo que ben. Como sei que vos gusta moito xogar a Kahoot e seguro que botades de menos os concursos que facemos na clase, optei por ir publicando progresivamente algúns Kahoot de repaso que xa practicamos na clase. Podedes xogar coas vosas familias e ver quen acerta máis preguntas. O que vos presento hoxe é de repaso de Ciencias Naturais, concretamente sobre a relación e a saúde.
Como sabedes, para xogar unicamente é necesario un dispositivo con acceso a internet (móbil, tablet, ordenador...). Para comezar pinchade no link que aparece abaixo e conduciravos directamente ao Kahoot. A continuación deberedes poñer un nome, alcume... que será o que apareza no xogo.
Anímovos a comentar na entrada do blog que tal vos foi o xogo, cantas preguntas acertáchedes, se xogades coas vosas familias, etc.
A xogar!!!!

Kahoot: a relación e a saúde


2 comentarios:

  1. OLA! ESTIVO DIVERTIDO, PERO MOITOS NERVIOS...JAJJ... ESPERAMOS O SEGUINTE XA!. NON CONTAMOS OS ACERTOS .

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Alégrome que vos gustara. Mañá subirei o seguinte :)

      Eliminar